Concello de Sanxenxo - SANXENXO CELEBRA ESTE DOMINGO O DÍA DO ORGULLO LGTBI+
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo vivirá este domingo, 25 de xuño, a celebración do Día do Orgullo LGTBI+ que organiza o CIM en colaboración coa Asociación Rúa dos Viños. A actividade enmárcase dentro das accións do Centro de Información á Muller co obxectivo de "promover o respecto, a igualdade e visibilización das distintas orientacións sexuais e identidade de xénero". Ademais, desde hoxe colgarase no balcón consistorial a bandeira multicolor como símbolo do orgullo homosexual e da diversidade das lesbianas, homosexuais, bisexuais e transexuais.

A actividade comezará a partir das 13 horas con animación na rúa que correrá a cargo de Barafunda Animación. Non faltarán os talleres infantís no campo de San Roque nin tampouco a música en directo, a partir das 14 horas, co grupo "Sobre todo ela".
Nesta actividade estarán implicados tamén os locais da Rúa dos Viños, que regalarán unha pulseira multicolor por cada consumición e bolsas de tea coa lema "Liberdade de ser e sentir". Ademais, as rúas engalanaranse con bandeiras arcoíris con motivo da celebración.


Punto informativo
A celebración do Día do Orgullo en Sanxenxo contará tamén cun espazo informativo para aquelas persoas que desexen acudir a el, que estará a cargo de Familias de menores e mocidade trans de Galicia, Arelas.
Deste xeito, o Concello de Sanxenxo quere mostrar o seu compromiso institucional coa diversidade e a liberdade sexual, corporal e de xénero.

0
0
0
s2sdefault