Concello de Sanxenxo - O CONCELLO HABILITA UNHA SENDA PEONIL NO ACCESO A PUNTA MONTALVO PARA MELLORAR A SEGURIDADE VIARIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A contorna conta cun elevado tráfico rodado e peonil debido ao crecemento residencial e a presenza de tres cámpings

O Concello de Sanxenxo está a levar a cabo unha mellora de seguridade viaria no acceso a Punta Montalvo coa creación dunha senda peonil e a aplicación de sentido único para vehículos. A contorna conta cun elevado tráfico rodado e peonil durante a tempada estival debido ao crecemento residencial da zona e a presenza de tres cámpings con máis de 1.000 prazas.

A actuación permitirá camiñar de forma segura e evitará os problemas circulatorios que se producen no verán debido á estreiteza dos viarios e o alto número de vehículos que transitan pola zona. O ensanche dun dos viarios fixo posible a ordenación de novas prazas de estacionamento e a continuidade da senda ata a praia de Bascuas.

A senda contará con sinalización horizontal combinando liñas continuas brancas e vermellas, así como o debuxo dun peón, seguindo o deseño doutras sendas que xa se fixeron noutros puntos do municipio. Os cambios contarán tamén con sinalización vertical. A velocidade quedará limitada a 30 quilómetros por hora.

0
0
0
s2sdefault