Concello de Sanxenxo - A OBRA DO BULEVAR DE PORTONOVO PARALÍZASE DESDE HOXE CO 60% EXECUTADO E RETOMARASE EN SETEMBRO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Co obxectivo de protexer a economía e non interferir na tempada turística, a obra do bulevar de Portonovo queda paralizada desde hoxe co tramo reformado habilitado, de forma provisional, tanto para o uso de peóns como de vehículos. Os traballos retomaranse o 4 de setembro para afrontar a segunda e última fase. Neste primeiro tramo  ademais de substituír a rede de saneamento, abastecemento de auga, separación de pluviais, iluminación e redes telefónicas, executáronse o tramo de beirarrúas, estacionamentos e a primeira rotonda á altura da estrada de Adina.

Os estacionamentos, ao redor duns 60, quedarán xa habilitados de forma segura do mesmo xeito que as beirarrúas e o viario. A iluminación manterase de obra polo momento e o axardinamento posponse ao final da obra.

O proxecto contempla a ampliación dos espazos peonís e a ordenación do tráfico coa creación de tres novas rotondas, unha xa executada, e outra no cruzamento de Travesía Area, Rúa Areal e Rúa Benitiño e outra na rúa da Perla, un illote central que separa ambos os sentidos da circulación e o axardinamento e arboledo da travesía.

A empresa delimitou na súa cronograma 3 zonas de actuación. A primeira vai desde a rotonda de inicio dos traballos ata o mercado de abastos; a segunda, desde o mercado ata o cruce da Perla onde está prevista a construción dunha rotonda e a terceira, desde A Perla ata a nova rotonda de Canelas.

O deseño proxectado tamén inclúe a renovación dos servizos coa instalación das canalizacións subterráneas para o cableado de telefonía e para a electricidade que substituirán os actuais tendidos aéreos e a renovación das redes de abastecemento, saneamento, pluviais e de iluminación pública.

0
0
0
s2sdefault