Concello de Sanxenxo - SANXENXO LIDERA A BAIXADA DE PARO EN XUÑO NO SALNÉS E REDUCE A TAXA DE DESEMPREGO AO 6,45%
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O municipio pecha o sexto mes do ano con 72 desempregados menos que en 2022 
 
Sanxenxo continúa un mes máis coa súa tendencia, liderando en xuño a caída de paro na comarca cunha taxa de desemprego do 6,45% sobre unha poboación activa de 7.930 persoas. O municipio pechou o sexto mes do ano con 511 parados, 72 menos que en maio. Unha baixada habitual dos meses de xullo e agosto impulsada polo sector turístico no municipio e que mostra o crecemento económico.
En canto á facturación do aparcadoiro público de Nauta, no mes de xuño recadáronse 53.647 euros, unha cifra que supón o mellor mes de xuño desde a súa apertura. A primeira quincena recadouse 20.959 euros e a segunda, 32.688. A estancia media de vehículos foi de 2 horas e 17 minutos e rotáronse 13.586 vehículos. Estes bos datos son especialmente rechamantes cando no centro do municipio concéntranse 4 aparcamentos disuasorios gratuítos.
En relación á oficina de turismo situada no porto deportivo de Sanxenxo recibiu en xuño 578 visitas, 482 nacionais e 96 internacionais. Estes supoñen un 44,65% máis consultas este ano en 2022. En canto ao seu lugar de procedencia, os turistas nacionais que máis visitaron Sanxenxo foron de Madrid (20%), Castela León (13,49%), Galicia (9,77%), País Vasco (8,37%) e Asturias (6,05%). En canto aos de orixe internacional, o maior número eran de orixe francesa, inglés e portugués. A porcentaxe de visitantes que viñeron por primeira vez a Sanxenxo en xuño foi dun 73,02% e o 26,98% restante xa coñecía o municipio. Desde o pasado 1 de xullo, sumouse a oficina de Portonovo como punto de información turística.
0
0
0
s2sdefault