Concello de Sanxenxo - SANXENXO REXISTROU EN XULLO A TAXA DE PARO MÁIS BAIXA DE GALICIA DE CONCELLOS DE MÁIS DE 10.000 HABITANTES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O municipio anotou a segunda mellor cifra da súa serie histórica con 466 desempregados, 45 menos que en xuño

As cifras de paro continúan prolongando o seu descenso en Sanxenxo segundo datos mensuais recollidos no portal da Consellería de Traballo. O municipio rexistrou o pasado mes de xullo unha taxa de paro do 5,9% sobre unha poboación activa de 7.930 persoas. A taxa máis baixa en concellos de máis de 10.000 habitantes de Galicia. Trátase da segunda mellor cifra da súa serie histórica con 466 desempregados, 45 menos que en xullo, e similar á rexistrada en xullo de 2007, 464, o mellor dato ata o momento. Na comarca do Salnés, só Vilagarcía rexistra un descenso maior que Sanxenxo (65) en xullo. Outro dato que actúa como termómetro da actividade económica do municipio o pasado mes de xullo é o aparcadoiro de Nauta.

Durante o pasado mes, o aparcamento público facturou 135.326 euros, a cifra máis alta no mes de xullo desde a súa apertura en 2005. En total rexistráronse 28.211 entradas cunha estancia media de vehículos de dúas horas e corenta minutos. As fins de semana e a ponte do Santiago Apóstolo concentran os mellores datos de facturación. En canto a datos de consumo, durante o pasado mes de xullo consumíronse 335.324 metros cúbicos de auga, o que supón unha redución do 1,6% respecto ao mesmo período de 2022, 340.818 metros cúbicos. Respecto a as cifras de lixo, recolléronse 1.801.690 quilos de lixo en xeral (orgánico, vidro, e cartón),o que supón un 3,1% menos que en xullo de 2022.

0
0
0
s2sdefault