Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DISPÓN DO PROXECTO DO PRIMEIRO TRAMO DA SENDA LITORAL DA RÍA DE AROUSA VALORADO EN 175.000 EUROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O prazo de execución dos traballos é de 2 meses e o de garantía da obra é dun ano

O Concello de Sanxenxo conta xa co proxecto do primeiro tramo da senda litoral da Ría de Arousa que vai desde o límite con Meaño, Os Pasales, ata A Fianteira onde se atopa unha das lagoas de Rouxique. A actuación total está valorada en 175.000 euros e será financiada a través dos fondos Next Generation. Estímase un prazo de execución de dous meses e un prazo de garantía dun ano.

A senda, de aproximadamente un quilómetro, permitirá recuperar a servidume de tránsito de seis metros en ata 11 puntos. O roteiro terá tres metros de ancho con base de jabre-cemento e saburra, así como bordos de formigón. No tramo final, a senda discorre sobre o cantil da Praia de Vos Seixiños, polo que se proxecta unha varanda de madeira. Para a execución das obras será necesaria a expropiación once parcelas para a implantación dunha senda peonil. O orzamento estimativo para expropiacións ascende á cantidade de 17.642, 24 € e inclúe os traballos de retranqueo e os muros. O proxecto cumpre cos requisitos de protección ambiental da contorna tanto coa Rede Natura 200 como como o LIC (Lugar de Interese Comunitario) e a ZEPA (Zona de Especial Protección). Ademais, o humidal polo que transcorre a senda está dentro do Convenio Ramsar no só inclúense 1.800 humidais do mundo. Esta senda que se inclúe nos fondos Next Generation completa o proxecto de recuperación e rehabilitación do Centro de Interpretación da Telleira onde se prevé a mellora da estrutura do edificio, unha redistribución dos espazos e un equipamento que seguirá os estándares de sustentabilidade e eficiencia enerxética que contribuirá á integración na contorna natural onde se sitúa.O obxectivo é que se converta nun centro de difusión dos valores ecolóxicos e etnográficos de toda a zona que fomente o turismo ambiental e ornitolóxico, especialmente nos meses de outono e inverno cando máis de 200 especies de aves elixen este humidal, incluído no convenio Ramsar, para invernar.

En canto ao roteiro, alcanzará os 8 quilómetros na seguinte fase e bordearase o municipio bañado pola Ría de Arousa. Prevese a instalación de miradoiros e elementos experienciales que enriquecerán a visita e as sinerxias co territorio de extraordinaria riqueza biolóxica.

0
0
0
s2sdefault