Concello de Sanxenxo - AS OBRAS DO CAMPO DE FÚTBOL DE DORRÓN CÉNTRANSE NO PECHE PERIMETRAL E NA DOTACIÓN DOS SERVIZOS BÁSICOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As obras do campo de fútbol de Dorrón avanzan coa execución do peche perimetral de formigón e o inicio da colocación das tubaxes dos servizos básicos da rede de saneamento, abastecemento e rega. Cabe lembrar que é a empresa concesionaria do abastecemento da auga en Sanxenxo (Espina e Delfín) a que executa as obras das novas instalacións como obra de compensación polo canon xerado no anterior contrato (entre 2020 e 2023). Os anos de prórroga forzosa xeraron un importe aproximado de 704.791,48 euros, en concepto de canon, que serán investidos no novo equipamento deportivo. As vantaxes de que a concesionaria asuma este compromiso implican en que se acelerarán os prazos e reduciranse os gastos de IVE e de beneficio industrial.
O campo de céspede sintético conta cunha base elástica e coa homologación da FIFA, e ademais tamén se instalará un sistema de rega, iluminación, vestiarios, unha nova cantina, almacén, bancadas e dispoñerase un peche perimetral. A parcela exterior do campo funcionará como estacionamento con 24 prazas. O terreo de xogo contará cunha rede de rega con seis canóns de rotación lenta e constante con 10 estacións. A iluminación do campo de fútbol 11 proxéctase con torres de 20 metros de altura e cinco proxectores de 2.500w asimétricos, e tamén colocarán redes recogebalones nos fondos do campo, cunha altura de seis e catro metros nos fondos de fútbol 7. Instalaranse dúas porterías de fútbol 11 e catro de fútbol 7 de aluminio, dous bancos de xogadores con asentos plásticos e banderines de córner flexibles. Ademais, executarase un novo peche na zona sur do campo e mellorarase o peche perimetral existente, substituíndo tamén o portal de entrada. Os traballos deron comezo a finais de maio e o prazo de execución das obras é de 8 meses.
0
0
0
s2sdefault