Concello de Sanxenxo - SANXENXO MANTENSE LÍDER EN PERNOITAS HOSTALEIRAS EN GALICIA, A PESAR DE CAER UN 7% EN XULLO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os hoteis do municipio sumaron 188.554 pernoitas, unha cifra superior á rexistrada noutros puntos turísticos como Santiago, A Coruña e Vigo

Os hoteis de Sanxenxo rexistraron 188.554 pernoitas o pasado mes de xullo, segundo datos publicados hoxe polo INE no balance de Conxuntura Turística Hostaleira. É un 7% menos que o ano pasado no mesmo período, cando se alcanzaron as 203.419 pernoitas, récord na serie histórica de pernoitas hostaleiras por diante mesmo do 2019, ata entón o mellor ano, con 197.088 pernoitas A cifra de xullo mantén a Sanxenxo como líder en pernoitas en Galicia respecto a outros puntos turísticos como Santiago (179.024), A Coruña (103.273) e Vigo (104.770). As pernoitas que Sanxenxo sumou en xullo supoñen o 33,2% da provincia de Pontevedra (567.456) e o 14,6% de Galicia (1.290.824). Con todo, nesta ocasión, superáronnos outros destinos turísticos do norte como San Sebastián (220.162) e Bilbao (229.224) que teñen na gastronomía e o turismo cultural as súas bazas máis importantes. En canto ao número de viaxeiros que se hospedaron en hoteis (o INE non contabiliza os que se hospedan en vivendas de uso turístico, cámping e casas rurais) Sanxenxo recibiu o pasado mes de xullo a 53.526 turistas, dos que 44.077 procedían do territorio nacional e 9.449 do estranxeiro, o que supón un crecemento do 4,5% no número de visitantes de fóra de España.

0
0
0
s2sdefault