Concello de Sanxenxo - O PAZO DE EMILIA PARDO BAZÁN ACOLLERÁ AS XIV XORNADAS DE SANXENXO NA HISTORIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



O premiado desta edición é o Real Club Náutico de Sanxenxo pola súa "contribución decisiva no desenvolvemento do deporte, así como polo súa labor social e cultural no municipio"

O Pazo de Emilia Pardo Bazán acollerá os próximos 28, 29 e 30 de agosto as XIV Xornadas de Sanxenxo na Historia. Unha actividade que un ano máis enmárcase dentro da programación das festas patronais de Sanxenxo. A concelleira de Cultura e Eventos, Elena Torres, xunto ao presidente da Asociación de Estudos Locais (Aelos), Marcelino Agís; a secretaria, Ángeles Marcos e o tesoureiro, Isidoro Sabell, presentaron esta mañá a cita nas instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo. Torres destacou a importante labor de divulgación que realiza a asociación Aelos a través destas xornadas que xa contan cun lugar destacado dentro da programación e que "nos axuda a profundar no coñecemento de personaxes, aspectos do noso patrimonio e da nosa historia".

As xornadas desenvolveranse en tres días. A primeira mesa redonda, o día 29, abordará a construción do templo novo de Sanxenxo baixo o titulo "Patrimonio histórico-artístico: O templo novo de Sanxenxo" con Jose Manuel García Igrexas e Isidoro Sabell como relatores e o posterior coloquio.
A segunda, o día 30 realizarase a presentación do libro "Sanxenxo na historia. Volume VII" do que se imprimirán 500 exemplares nos que se recollerá o contido das mesas das Xornadas de Sanxenxo na Historia de 2021 e 2022. A continuación, celebrarase unha mesa baixo o título, "Escolas e Mestres emblemáticos do Concello de Sanxenxo: Dorrón", con Ana Cancela e Carmen Outón como relatoras.

A terceira xornada, o día 30, a mesa redonda "Unha ollada á historia de Sanxenxo" porá o broche de ouro á cita con Luz Méndez e Milagros Bará como relatores. Tras o coloquio procederase á entrega do XVI Premio Sanxenxo na Historia que nesta ocasión recaerá sobre o Real Club Náutico de Sanxenxo. Un xurado conformado polas concelleiras de Cultura, Elena Torres e de Educación, Natividade Parada, así como de Ángeles Marcos, secretaria de Aelos, Victoriano Otero, premiado en 2022, e Marcelino Agís, presidente de Aelos, acordaron a elección do galardoado "pola súa labor ao longo de máis de setenta anos de historia, o RCN de Sanxenxo non só contribuíu de xeito decisivo ao desenvolvemento dos deportes e actividades náuticas, creando unha escola de vela e outras seccións deportivas, senón que realizou unha inmensa labor social e cultural na vila de Sanxenxo".

0
0
0
s2sdefault