Concello de Sanxenxo - O SKATEPARK DE BALTAR ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O CIRCUITO GALLEGO JUNIOR DE SKATEBOARD
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As probas darán comezo ás 15 horas cos máis pequenos e continuarán ata as 20:30 horas
 
O skatepark de Baltar converterase este sábado no escenario, por segundo ano consecutivo, do Circuito Galego Junior de Skateboard cun total de 60 participantes chegados desde distintos puntos de Galicia. Na proba daranse cita riders coñecidos como o coruñés Luis Cabarcos Méndez que acaba de quedar primeiro en Portugal e no Campionato sub16 de España. O presidente da escola Viejo Lobo School, Sergio Martínez, presentou esta mañá o circuíto acompañado do concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, nas instalacións que acollerá a actividade. A proba comezará ás 15 horas, aínda que xa pola mañá haberá adestramentos nas pistas. “Queremos achegar o skate a todo o mundo e animar aos nenos e nenas que veñan coñecernos e a probar un deporte diferente. Vai haber bo ambiente e moito talento novo”, asegurou Martínez. Trátase do segundo ano que o circuíto se realiza en Sanxenxo. “A contorna e as propias instalacións son únicas porque se adaptan tanto á iniciación no deporte como a probas xa deste tipo cuns módulos moi ben deseñados e un chan idóneo para a práctica de skate”, explicou Martínez. O concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, asegurou que o “Concello está encantado de acoller actividades deportivas diferentes que atraian visitantes ao municipio” e incidiu tanto en “a variedade como na cantidade de eventos deportivos cos que contamos ao longo do ano” como unha mostra da intensidade deportiva do municipio.
0
0
0
s2sdefault