Concello de Sanxenxo - AS CONCELLERÍAS DE EDUCACIÓN E SERVIZOS SOCIAIS SUMAN ACCIÓNS BAIXO O LEMA “SANXENXO.CONCELLO LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTAS”
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
O Concello de Sanxenxo a través do Centro de Información ás Mujeres (CIM), amplía as accións de igualdade de oportunidades, sumando competencias na Concellería de Educación con Nati Parada á fronte e, ao mesmo tempo, desde a Concellería de Servizos Sociais e Maiores, dirixida por Paz Lago, desde onde se continuará traballando pola igualdade e con intervencións directas contra a violencia de xénero. Desde ambos os departamentos se aposta por un programa de acción municipal que inclúe formación, prevención e intervención, incluíndo a todos os sectores da poboación. Este traballo conxunto pola igualdade e contra a violencia de xénero será exposto baixo o lema e imaxe: "Sanxenxo. Concello libre de violencias machistas".
 
Baixo esta estreada imaxe, o Concello de Sanxenxo presenta mañá a primeira actividade enmarcada na loita municipal contra as distintas manifestacións de violencia de xénero. A acción, subvencionada pola Deputación de Pontevedra, vai destinada a estudantes de 2º ESO e 6º primaria, e consiste nunha formación en Relacións Afectivo Sexuais Saudables para a prevención das violencias machistas. Trátase dun programa onde cada grupo recibirá 4 sesións formativas, con contidos relacionados co respecto mutuo, o valor das diversidades, así como a importancia do autoconcepto positivo e o amor propio como punto de partida. Estas sesións terán lugar nos CEIPS e IES municipais ata o mes de decembro. Ademais, está prevista unha sesión formativa coas familias, para tratar e expoñer a importancia da información afectivo sexual para garantir a transmisión de información adecuada e adaptada á idade dos menores. Para esta acción, cóntase co apoio imprescindible de todos os centros educativos, que sempre colaboran neste tipo de iniciativas de forma enriquecedora e facilitando o traballo. Este será, o quinto ano consecutivo, que o Concello de Sanxenxo aposta pola información afectivo sexual como unha forma de prevención das violencias machistas nos centros educativos. Igualmente, esta será unha acción que marcará o comezo da programación para a conmemoración do 25N: Día Internacional contra a violencia de xénero.
0
0
0
s2sdefault