O venres estará no Pazo Emilia Pardo Bazán e o sábado, na Praza dos Barcos, en sesión vermú coa Banda Música de Sanxenxo
Chega a Sanxenxo o Cinemóbil nº3, camión que imita o Cinemóbil 2 patentado por José Gil, no que levaba os seus filmes en 1929 por toda Galicia. Trátase dunha exposición en 16 paneis con fotos e textos sobre a vida, obra e relevancia de José Gil . Dentro recrea unha sala de cine dos anos 1920, con pantalla e proxector. Ademáis, poderase disfrutar dunha montaxe de 2 minutos de imaxes dos filmes de José Gil e a súa cámara Gaumont de 1908. O autor do libro de investigación sobre José Gil, “Nos días encantados de agosto” da Editorial Galaxia, Manolo González.
A actividade, promovida pola Deputación de Pontevedra, terá lugar o venres,6, no Pazo Emilia Pardo Bazán. Ás 10 horas está prevista a visita de escolares que poderán subir o Cinemóbil e ver proxeccións do século XX. O sábado, trasladarase a Praza dos Barcos, onde se poderá visitar desde ás 10 hpras e as 13 horas terá lugar unha sesión vermú coa Banda de Música de Sanxenxo.
José Gil (1870-1937) foi produtor, director e camarógrafo ao longo de 25 anos. Estivo nos comezos do pictorialismo, o reporteirismo fotográfico, o documental, as primeiras marcas produtoras e laboratorios cinematográficos, o cinema industrial, a conexión cinematográfica con Portugal, o cine educativo, o cinema móbil, os noticiarios, a publicidade, o cinema da emigración e o valor do arquivo fílmico, sempre a prol da modernización do que consideraba o seu país ao que amaba profundamente.
Sanxenxo e a praia de Silgar aparecen fugazmente en varios títulos como “Pontevedra y sus paisajes” de 1924 no que se especifica o rexistro das festas de Santa Rosalía e a praia de Silgar. Tamén visitou Sanxenxo o Cinemóvil-Reclame Nº2 en 1929. No seu cinema proxectáronse varios Noticiarios de Galicia Cinemagráfica.