Concello de Sanxenxo - O CONCELLO CONVOCA O PRIMEIRO CONCURSO DE ILUMINACIÓN DO NADAL "DESLUMBRA CO TEU NADAL" DESTINADO A COMERCIOS E PARTICULARES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A empresa, Creacións Luminosas, que se encargará da iluminación en espazos públicos xa iniciou xa a colocación dos motivos

O Concello de Sanxenxo en colaboración con Entretendas convoca o primeiro concurso de iluminación do Nadal exterior "Deslumbra co teu Nadal" destinado a comercios e particulares. Co obxectivo de dinamizar a participación activa, crear un ambiente do Nadal e ilusionante e dar protagonismo activo aos veciños e veciñas de Sanxenxo, a Concellaría de Cultura, dirixida por Elena Torres, abrirá desde o 15 ao 30 de novembro o prazo de inscrición que se poderá realizar a través da sede electrónica ou de forma presencial no rexistro do Concello. Esta nova actividade inclúese dentro da programación do Nadal que Cultura está a ultimar e que se dará a coñecer nas próximas semanas.

Estableceranse dúas categorías, locais comerciais (escaparates e fachadas) e vivendas (decoración exterior), entre as que se repartirán 3.250 euros nun total de seis premios. Os elementos decorativos deberán permanecer expostos desde o 1 de decembro ata o 6 de xaneiro, ambos inclusive. Entre o 1 e o 4 de decembro, todos os participantes deberán enviar fotos ou vídeos dos seus escaparates, fachadas ou exterior das súas vivendas a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

O xurado estará composto por un mínimo de cinco persoas e valorarase o deseño, a orixinalidade, a iluminación exterior e o coidado do medio ambiente, empregando materiais de reciclaxe ou materias primas naturais. Para máis información, poden porse en contacto co departamento de Cultura no teléfono, 986 727 936 ou no mail, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Doutra banda, a empresa que se encargará da iluminación do Nadal nos espazos públicos do municipio, Creacións Luminosas, xa comezou hai días a instalación dos motivos decorativos. Encargarase da iluminación durante dúas anualidades por 257.699 euros. As luces alcanzarán 55.886 metros cadrados con ata 71 espazos do municipio e un total de 302 motivos no sete parroquias.

0
0
0
s2sdefault