Concello de Sanxenxo - O POLICÍA ABELARDO MARTÍNEZ DÁ UNHA CHARLA NO CENTRO DE SAÚDE DE BALTAR SOBRE SISTEMAS DE RETENCIÓN INFANTIL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actividade foi organizada pola matrona, Dolores Rodríguez, e o equipo de Pediatría

Ofrecer unha atención e asesoramento integral ás familias que acaban de ter un bebé ou que o terán en pouco tempo é o obxectivo que persegue a matrona, Dolores Rodríguez, e o equipo de Pediatría do Centro de Saúde de Baltar coa charla sobre Sistemas de Retención Infantil e prevención de accidentes, impartida polo policía local, Abelardo Martínez.

A actividade que se realiza, por primeira vez en Sanxenxo, resultou todo un éxito e axudou a despexar dúbidas e aclarar ideas sobre a seguridade nos vehículos de embarazadas e bebés. Martínez contou coa colaboración da Fundación Smart Baby que lle facilitou distintos tipos de cadeiras e material que entregou ás familias que asistiron á charla. "Era a primeira vez que daba este tipo de charlas e a verdade é que resultou moi frutífera e as familias saíron moi contentas. É moi importante que desde o centro de saúde incídase tamén neste tipo de actividades de seguridade viaria", explica Martínez.

Durante a charla falouse da mellor posición para conducir no caso dunha embarazada e tamén os distintos sistemas de retención infantil segundo as idades dos nenos. "Está a piques de cambiar a normativa en cadeiras para coches e xa se lles informou das que deben comprar se están a pensar en adquirir unha", indicou. Tamén se lles aconsellou como deben ir os bebés sentados durante a marcha do vehículo e como actuar en caso de accidente. Á charla que durou aproximadamente hora e media asistiron ao redor de 25 persoas.

0
0
0
s2sdefault