Concello de Sanxenxo - O CONCELLO SUBSTITUIRÁ OS MÁIS DE 100 METROS DE TUBAXE DE ABASTECEMENTO E DE SANEAMENTO DA RÚA OURENSE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os operarios de Espina & Delfín realizaron unha actuación de emerxencia tras o afundimento de parte do viario

O Concello substituirá os máis de 100 metros de tubaxe de saneamento e abastecemento que atravesa a Rúa Ourense no centro da vila de Sanxenxo. A concesionaria do servizo, Espina & Delfín, realizou unha reparación de emerxencia a semana pasada coa substitución de 12 metros dunha antiga tubaxe de formigón que rompeu tras as intensas choivas rexistradas e provocou o afundimento de parte do viario.

A obra prevista supón unha actuación integral do saneamento e abastecemento de auga en todo o viario cunha ampliación da capacidade e co posterior pavimentado da rúa. O departamento de Infraestruturas ultima o proxecto para iniciar os traballos, se o tempo permíteo, a próxima semana.

0
0
0
s2sdefault