Concello de Sanxenxo - OS DATOS DE PARO EN OUTUBRO CONFIRMAN A TENDENCIA POSITIVA DO CONXUNTO DO ANO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas


Sanxenxo pechou outubro con 25 parados máis que en setembro, pero con 103 menos que en 2022

Os 574 desempregados de Sanxenxo en outubro son 25 parados máis que en setembro, pero 103 menos que o mesmo mes do ano pasado. É a cifra máis baixa no que levamos de século, a seguinte corresponde a outubro de 2022 con 677 parados.
A taxa de paro é do 7,22% e a media dos 10 meses transcorridos do ano é do 7,45%. Por tanto, a falta de dous meses para pechar o ano, xa podemos afirmar que Sanxenxo mellorará a taxa de paro do 2022 que xa foi moi baixa, o 9,78%. Sanxenxo mantén en outubro a taxa de paro máis baixa de todos os concellos galegos de máis de 10.000 habitantes.

 

PARADOS

AUMENTO ENTRE SETEMBRO E OUTUBRO

DIFERENCIA PARADOS 2023

Outubro 2017

1.179

+ 201

+ 605

Outubro 2018

1.070

+ 195

+ 496

Outubro 2019

955

+ 187

+ 381

Outubro 2022

677

+ 62

+ 103

Outubro 2023

574

+25

 

O cadro, que exclúe os anos 2020 e 2021 pola influencia que o covid tivo na caída da actividade económica, reflicte que o incremento de parados entre setembro e outubro deste ano (25) é moi inferior aos anos anteriores. Se nos fixamos a diferenza do número de parados con respecto a este ano (última columna) é a metade dos anos 2017 e 2018 e moi inferior aos 381 parados máis de 2019.


Máis relevante que a cifra de paro é o número de afiliados á seguridade social, o último dato publicado é de setembro, o de outubro non se coñecerá ata a semana que vén, de 6.591 afiliados o que supón 376 máis que no mesmo mes de 2022.


Os datos avalan o crecemento da actividade turística na tempada baixa. A maioría dos establecementos hostaleiros pechan ao finalizar o verán, con todo, cada ano máis negocios anímanse a prolongar o seu período de apertura, é a revolución silenciosa que se está producindo. Sanxenxo ten 107 hoteis que só abren no verán, pero hai outros 78 establecementos que se manteñen abertos entre 5 e 12 meses do ano. O cambio é tan relevante que basta lembrar que en 1999 ningún hotel de Sanxenxo abría máis de seis meses. Segundo Telmo Martín "os datos de paro reflicten o carácter emprendedor dos miles de autónomos e decenas de pemes de Sanxenxo, aos que animamos a non conformarse e seguir mellorando"

0
0
0
s2sdefault