Concello de Sanxenxo - SANXENXO PROMOCIÓNASE NA FEIRA DE TURISMO DE LONDRES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas


Unha delegación do Concello e do sector turístico desprazouse á capital inglesa para impulsar a marca Sanxenxo

Un ano máis Sanxenxo participa na Feira World Travel Market Events de Londres, unha das máis importantes do mundo, dentro do stand de Galicia e a misión do Cluster de Turismo e a Direccion Xeral de de Turismo de Galicia. Unha ampla delegación de Sanxenxo desprazouse á capital inglesa, entre eles o concelleiro de turismo Juan Deza, a técnica de turismo e o presidente do CETS Alfonso Martínez e o seu predecesor Francisco González. Onte pola tarde a delegación de Sanxenxo asistiu á recepción da embaixada española en Londres.
O obxectivo é aproveitar as conexións aéreas directas entre a cidade británica e Galicia, potenciar no mercado inglés, escoces e irlandés a imaxe de marca de Sanxenxo e facilitar futuros acordos, desenvolver novos mercados e situarnos a nivel internacional.

Os ingleses interésanse moito polo turismo de natureza e ornitolóxico, a gastronomía e o patrimonio. A medio e longo prazo Sanxenxo tamén terá a oportunidade de captar turistas ingleses que fuxan das noites tórridas e os días de máis de 40 graos que o cambio climático está a provocar no mediterráneo.

Pero, neste momento, queda moito traballo por facer para incrementar a cifra de viaxeiros ingleses. Os datos din que só o 9% dos visitantes de Sanxenxo proceden doutros países. Destacan portugueses e séguenlle, a moita distancia, franceses, alemáns e estadounidenses, mentres que a cifra de ingleses supón menos do 2% do total dos visitantes internacionais.

0
0
0
s2sdefault