Concello de Sanxenxo - A CONCELLERÍA DE SERVIZOS ACONDICIONA O PATIO INTERIOR DA ESCOLA INFANTIL DO REVEL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Renovouse o céspede e substituíuse a superficie en terra por formigón puído con planchas para amortecer o golpe en caso de caída

O Concello de Sanxenxo continúa coa mellora das súas instalacións municipais. A Escola Infantil do Revel, en Vilalonga, foi obxecto nos últimos días dunha actuación que suporá unha importante mellora na zona de lecer dos usuarios, especialmente agora no inverno. O departamento de Servizos que xestiona Yago Torres, en coordinación coa Concellería de Educación dirixida por Nati Parada, realizou o acondicionamento do patio interior das instalacións coa renovación do céspede artificial e a substitución da superficie de terra por formigón pulido con planchas para amortecer o golpe en caso de caída.

Aproveitando o cambio do céspede por un de maior calidade e antiestático, aproveitouse para realizar unha profunda limpeza de paredes e fachada da instalación municipal. Deste xeito, os pequenos e pequenas da escola xa poden gozar do renovado espazo lúdico.

O Concello de Sanxenxo conta con dúas escolas infantís municipais (EIM), O Tombo e O Revel, esta última a de maior matriculación con máis de 60 usuarios. As EIM teñen como obxectivo estimular o desenvolvemento global das capacidades intelectuais, afectivas, de expresión e comunicación dos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos en estreita colaboración coas familias, mediante actividades educativas e lúdicas de acordo co seu nivel madurativo, para adquirir progresivamente maiores niveis de autonomía e independencia dos adultos. Ambas as escolas contan tamén co servizo de comedor con cociña nas propias instalacións.

Sanxenxo destina cada ano 570.000 euros ao servizo municipal das Escolas Infantís do Tombo e O Revel, o que significa un investimento medio por usuario de 4.672 euros. A diferenza doutros concellos, permanecen abertas os 12 meses do ano para axudar na conciliación das familias que traballan no sector turístico durante os meses de verán.

0
0
0
s2sdefault