Concello de Sanxenxo - A PLANTACIÓN DA RAMPLA AXARDINADA COMEZA COAS ESPECIES ARBÓREAS DE MAIOR PORTE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A arquitecta María Fandiño, encargada do proxecto de xardinaría, destaca que se trata dun "xardín naturalista do século XXI"

Os primeiros exemplares de piñeiro xa forman parte, desde hai días, da nova paisaxe natural da zona portuaria de Sanxenxo. A arquitecta María Fandiño, gañadora do premio nacional Arquitectura 2021 na categoría de "Sustentabilidade e Saúde. Valores universais", é a encargada do proxecto de xardinaría e da tarefa de combinar a floración das distintas especies creando un auténtico tapiz cromático. "É un xardín naturalista do século XXI con plantas autóctonas que dialogan coa paisaxe de ao redor e de baixo requirimento hídrico", explica Fandiño.

A plantación deu comezo coas especies de maior porte con suxeción baixo terra e tensores aéreos para evitar o efecto do vento no agarre á superficie. Ademais, unha malla de coco biodegradable, estendida polos 5.259 metros cadrados de superficie, impide que as fortes choivas arrastren a terra polo noiro. O resultado será un novo espazo verde en pleno centro urbano de Sanxenxo onde se plantarán 33 piñeiros e tamarices e 4.369 arbustos de oito variedades diferentes, cun total de 10.289 plantas.

Co xogo de floraciones morado, violáceo e amarelo das especies autóctonas búscase que o efecto sexa o máis silvestre posible, unha paisaxe de costa verde en pleno centro urbano de Sanxenxo. Un traballo que se prevé que culmine a finais deste mes e que precisará duns meses para poder verse en todo o seu esplendor natural. "É necesario que as persoas sexan respectuosas co xardín porque os primeiros meses serán claves no éxito da plantación", asegura Fandiño.

A actuación desta primeira fase concluirá en prazo tal e como estaba previsto. Cabe recodar que os traballos non se paralizaron no verán e que, a pesar da choiva, non se sufriron atrasos.

0
0
0
s2sdefault