Concello de Sanxenxo - SANXENXO AFORRARÁ UN 63% AO ANO NA FACTURA DE ILUMINACIÓN PÚBLICA DO PARQUE EMPRESARIAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello renovou un total de 368 luminarias por unhas de baixo consumo tipo led

A substitución de 368 luminarias da iluminación pública do parque de Nantes suporá un aforro anual do 63% para o Concello de Sanxenxo. Os novos puntos de luz tipo led supoñen unha redución no consumo de 237.000 kw/h e un aforro económico de 56.876 euros anuais. A medida suporá tamén unha redución importante na emisión de gases de efecto invernadoiro de case un 72%.

A renovación tivo un custo de 150.000 euros procedentes dunha cunha subvención da Consellería de Economía, Industria e Innovación no marco da concesión de axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais de Galicia. Esta subvención supuxo un 80 % do investimento mentres que o 20 % restante foi asumido polo Concello.

Os traballos consistiron no desmonte das 368 luminarias, a subministración e instalación de luces led de última xeración e a colocación da liña soterrada, así como de proteccións eléctricas. Tamén se colocou a instalación dunha columna troncocónica de aceiro galvanizado.

O polígono conta cun total de 261 parcelas para actividade empresarial. A maiores, o Concello de Sanxenxo dispón dunhas parcelas que suman 48.704 m2 que se destinarán a equipamentos públicos, entre os que destacan as novas sedes da Policía Local, o Servizo de Emerxencias e a sede dos servizos de mantemento, parques e xardíns O parque reúne polo menos 6 actividades económicas distintas, pero os sectores que máis destacan por número e a superficie que ocupan son a alimentación e os materiais de construción, con seis e oito empresas en cada un destes segmentos.

0
0
0
s2sdefault