Concello de Sanxenxo - SANXENXO ORGANIZA UNHA XORNADA FORMATIVA DE EDUCACIÓN AFECTIVA SEXUAL DESTINADA A FAMILIAS DE ADOLESCENTE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actividade terá lugar o venres, 24 de novembro, no Pazo de Emilia Pardo Bazán con inscrición previa

O Concello de Sanxenxo, a través do CIM, vai levar a cabo unha xornada educativa de prevención contra as violencias machistas o vindeiro venres 24 de novembro, de 19 a 21 horas, no Pazo Emilia Pardo Bazán, onde se tratará o tema da Educación Afectivo Sexual nas Familias dentro do Programa "Sanxenxo. Concello libre de violencias machistas". A actividade está subvencionada pola Deputación de Pontevedra no marco da convocatoria de subvencións dirixidas aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para 2023.

Esta charla completa a formación que se está levando a cabo co alumnado de 6º primaria e 2º ESO en "Educación afectivo sexual saudable como prevención dás violencias machistas". Poden participar todas as persoas interesadas no tema, pero sobre todo vai dirixido a familias con adolescentes para dotalas de ferramentas e poder orientalos. A sexualidade segue sendo un tema tabú en moitas familias, e os adolescentes seguen buscando información nos medios menos adecuados, cando a mellor fonte de información deberían ser as propias familias. Será unha sesión práctica e resolutiva, onde se resolverán as preocupacións concretas de cada familia. Para organizar a actividade e elixir o mellor espazo, solicítase inscrición previa en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 986 727 901.

0
0
0
s2sdefault