Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PON EN VALOR A CONTORNA DO CRUCEIRO DE ALTÍN COA LIMPEZA, ENCINTADO E COLOCACIÓN DUNHA VARANDA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Pór en valor a contorna do cruceiro de Altín en Noalla e mellorar a seguridade son dous dos obxectivos que se persegue coa actuación realizada polos operarios da Concellaría de Obras e Servizos, dirixida por Yago Torres. Durante estes días, procedeuse á limpeza da pedra e a substitución de plaquetas rotas da pequena praza situada entre os dous cruces e que é un punto de encontro de veciños. Nos próximos días substituirase o encintado gris por un natural, máis acorde coa contorna, e colocarase unha varanda de aceiro lacado para evitar caídas e mellorar a seguridade.

Durante estes días tamén, operarios municipais están a realizar a limpeza de cunetas, concretamente desde A Costiña ata A Revolta, para evitar as inundacións cando volvan as choivas. Ademais, colocaranse tres puntos de luz para mellorar a seguridade na zona.

0
0
0
s2sdefault