Concello de Sanxenxo - O IES DE SANXENXO REALIZA UNHA INTERVENCIÓN ARTÍSTICA CON ZAPATOS VERMELLOS EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO NO PASEO DE BALTAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O IES de Sanxenxo sacou este ano á rúa a actividade prevista para o 25-N con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Co obxectivo de visibilizar ás vítimas e tomando como referencia a intervención artística ideada en 2009 pola artista mexicana Elena Chauvet, o alumnado encheu con máis dun centenar de zapatos vermellos de varios tipos e tallas, algúns infantís, o tramo final do Paseo de Baltar cun cartel explicativo.

"Trátase dunha actividade transversal do centro que busca unha reflexión e que simboliza a loita contra a violencia machista. Fomos recollendo zapatos no instituto e pintándovos de vermello nos tempos libres. Colaborou todo ou centro e este é ou resultado que agardamos se manteña durante toda a fin de semana", asegura Xosé Iglesias, profesor de Lingua Galega.

A concelleira de Educación, Nati Parada, acompañou aos alumnos e profesores na montaxe da exposición dos zapatos e entregoulles material promocional do CIM como agradecemento polo traballo.

A edil aproveitou para convidarlles a asistir o vindeiro sábado ao acto do 25-N que terá lugar no Pazo de Emilia Pardo Bazán, ás 19 horas.Durante o acto emitirase unha proxección fotográfica e musical contra a violencia de xénero na que participan de forma activa as asociacións de mulleres de Sanxenxo, o taller de memoria e a Banda de Música de Sanxenxo. 

A psicóloga e autora do libro "Que sea amor del bueno", veciña de Dorrón, Marta Martínez Novoa, encargarase da lectura do manifesto. Durante o acto presentarase tamén o punto violeta do Concello de Sanxenxo. Repartirase material de sensibilización e prevención entre o público.

0
0
0
s2sdefault