Concello de Sanxenxo - O CONCELLO MELLORA A SEGURIDADE VIARIA NA LAMELA COA AMPLIACIÓN DA PISTA E A CONSTRUCIÓN DUN MURO DE CONTENCIÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación ten un custo de 22.927 euros e un prazo de execución dun mes

O Concello de Sanxenxo mellora a seguridade viaria na Lamela en Bordóns co ensanche da pista municipal e a construción dun muro de contención. O tramo da actuación atópase en pleno núcleo da Lamela no que o viario se estreita considerablemente dificultando o acceso tanto rodado como peonil. Os traballos deron comezo esta mesma semana co levantamento do muro de granito.

A cesión voluntaria de terreo nunha parcela particular anexa ao viario fixo posible proceder á ampliación da pista nunha lonxitude de 17 metros pasando de 4 a 6 metros de ancho. Trátase dunha vella demanda veciñal xa que é un viario moi transitado polos veciños que viven no lugar. A obra que se afronta con fondos municipais ten un custo de 22.927 euros e un prazo de execución dun mes.

Ademais, debido á altura que nese tramo ten o viario, está prevista a colocación dunha varanda de protección para os peóns que camiñen pola zona.

0
0
0
s2sdefault