Concello de Sanxenxo - O CONCELLO RESTAURA O LAVADOIRO DE FONTOIRA E ACONDICIONA A CONTORNA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación ten un custo total de 22.062 euros do que o 44, 40% está subvencionado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

O Concello está a restaurar o lavadoiro de Fontoira e acondicionando a contorna cun proxecto valorado en 22.062 euros dos que o 44,40% están subvencionados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) a través do Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés-Ulla-Umia. O concelleiro de Obras, Servizos e Medio Ambiente, visitou esta mañá a zona de actuación para supervisar o avance das obras.

Os traballos consistirán na limpeza de pintadas mediante tratamento específico, o lavado mediante chorro de auga a presión ou area, acondicionamento do desaugadoiro do lavadoiro, canalización e tapado de arquetas existentes mediante reixas e limpeza da cuberta con cobertura de tella do país.

Ademais, está prevista a creación de beirarrúas perimetrales ao lavadoiro de 1,80 metros de ancho para evitar encharcamentos e o chapado de pedra en zona de manancial e muros existentes. Finalmente, instalaranse unhas novas luminarias led na zona do lavadoiro.

logos lavadero

0
0
0
s2sdefault