Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ACOMETE UNHA ACTUACIÓN DE MELLORA DE SEGURIDADE VIARIA NO LUGAR DE PEDROÑO Á SAÍDA DA VÍA RÁPIDA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 O Concello de Sanxenxo cumpre cunha demanda veciñal de seguridade viaria no lugar de Pedroño, á altura da saída da vía rápida en Nantes, coa canalización dunha cuneta na que xa se rexistraron varios accidentes debido á súa profundidade. O concelleiro de Obras e Servizos, Yago Torres, acudiu esta mañá ao punto onde xa se está instalando a tubaxe para canalizar as augas pluviais, posteriormente cubrirase de formigón e colocaranse reixas de recollida de auga para que poida ser transitable. A actuación quedará rematada nos próximos días.

0
0
0
s2sdefault