Concello de Sanxenxo - O CAMPO DE FÚTBOL DE DORRÓN AVANZA COA CONSTRUCIÓN DOS VESTIARIOS, OS PECHES PERIMETRALES E AS BANCADAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



O campo de fútbol de Dorrón avanza coa construción dos vestiarios, os peches perimetrales do terreo de xogo e as bancadas. Nestes momentos, os traballos céntranse no levantamento de paredes e divisións das zonas dos vestiarios de árbitros e xogadores, así como un almacén. Na parte superior situarase a cantina. Cabe lembrar que é a empresa concesionaria do abastecemento da auga en Sanxenxo (Espiña e Delfín) a que executa as obras das novas instalacións como obra de compensación polo canon xerado no anterior contrato.

A obra contempla a reforma integral das instalacións e a dotación de céspede de última xeración para a práctica de fútbol 11 e 7. O proxecto inclúe a colocación do céspede sintético de base elástica homologado pola FIFA, sistema de rega e iluminación. Ademais, acondicionarase a parcela exterior do campo como estacionamento.

O terreo de xogo contará cunha rede de rega con seis canóns de rotación lenta e constante con 10 estacións. A iluminación do campo de fútbol 11 proxéctase con torres de 20 metros de altura e 5 proxectores de 2.500 w asimétricos cada unha. Desta maneira conseguirase unha iluminación óptima para a práctica do fútbol. Colocaranse redes recolle balóns nos fondos do campo cunha altura de 6 e 4 metros nos fondos de fútbol 7.

En canto ao equipamento deportivo instalaranse 2 portarías de fútbol 11 de aluminio, 4 portarías de fútbol 7 de aluminio, 4 delas abatibles lateralmente, 2 bancos de xogadores con capacidade para 8 persoas mediante asentos plásticos e banderines de córner flexibles. Ademais, executarase un novo peche na zona sur do campo e mellorarase o peche perimetral existente. Substituirase o actual portal de entrada.

0
0
0
s2sdefault