A obra do novo mercado de Sanxenxo céntrase na construción dos muros de contención de formigón que van a nove metros de profundidade. Unha vez concluídos, darase comezo á escavación do terreo e baleirado da parcela para iniciar a construción do paso soterrado e o parking.
O goberno galego financiará as intervencións achegando 1 millón de euros e o Concello licita, executa os traballos e achega o investimento restante, algo máis de 1,3 millóns.
O obxectivo do acordo é a humanización da contorna da praza de abastos mediante o soterramento do tráfico na Rúa de Madrid e ata a súa intersección coa estrada autonómica PO-308, que une Pontevedra coa Lanzada.
O Concello convocou un concurso de ideas para a execución dunha intervención integral na que se inclúe o novo edificio do mercado e dependencias municipais. A proposta gañadora, "Os luns ao sol", ademais da dotación dese novo equipamento municipal, ofrece solución aos problemas de circulación na zona, evitando a conxestión de tráfico e a inseguridade.
A intervención reduce o espazo urbano destinado á circulación de vehículos e prioriza a rexeneración de espazos públicos nos que os peóns gañen protagonismo. As actuacións recollidas neste acordo centraranse na execución dun paso inferior para o tráfico da rúa de Madrid, desde o que se dará entrada ao aparcadoiro do novo edificio do mercado.
Tamén se procederá á reurbanización da Rúa de Madrid, desde a Rúa Panadeira ata o seu encontro coa glorieta de intersección da propia rúa de Madrid coa rúa Progreso.
A OBRA DO NOVO MERCADO DE SANXENXO CÉNTRASE NA CONSTRUCIÓN DOS MUROS DE CONTENCIÓN DE NOVE METROS

powered by social2s