Concello de Sanxenxo - O ICE PARK DE SANXENXO SUMA Á SÚA OFERTA LÚDICA UN TORO MECÁNICO E UN POSTO DE ALGODÓN DE AZUCRE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Noalla inaugurou onte o seu Bosque de Nadal con gran éxito de público

Un touro mecánico e un posto de algodón de azucre súmase á oferta lúdica do Ice Park de Sanxenxo este nadal xunto á pista de xeo e a pista americana que está a ser todo un éxito de público no parking de Nauta. Ata o 21 de decembro, o horario, de luns a venres, é de 16 a 24 horas e os sábados, domingos e festivos, de 11 a 24 horas. A partir do 22 de decembro e ata o 7 de xaneiro o horario irá de 11 a 24 horas. O prezo é de 7 euros para a pista de xeo e de 4 euros para a pista americana. A programación do Ice Park inclúe ademais concertos e foodtrucks.

O Ice Park non é a única proposta para este nadal en Sanxenxo. Noalla inaugurou onte con gran afluencia de público o seu Bosque de Nadal que tamén conta con mercado do Nadal e uha ampla programación onde non faltará nin a visita do Trasno Fantástico, o Apalpador ou Papa Noel nin tampouco o circo de Nelson Quinteiro. A Asociación Xuvenil A Esmorga leva semanas traballando no bosque para que un ano máis se converta nun motivo máis para visitar Sanxenxo estas festas do Nadal.

En Portonovo a Asociación Rúa dos Viños sorprendeu este ano cun mercado artesanal con propostas únicas e un taller para nenos, do 5 ao 10 de decembro de 12 a 15 horas e de 19 a 22 horas. Non faltarán as propostas musicais ao longo de todas as festas nin os talleres ou os contacontos para os máis pequenos da casa.

En Vilalonga, a Praza Pública converteuse nunha auténtica Aldea Do Nadal con talleres, festivais, exposicións e música dentro dunha ampla programación na que se envorcou a Asociación Os Cruceiros de Vilalonga.

Dentro do programa do Nadal, este sábado, ás 17.30 horas, no Pazo Emilia Pardo Bazán, está previsto o espectáculo musical e teatral "Ris ras" de Baobab Teatro. Ris Ras está pensado para enredar, rir e bailar, é un espectáculo musical e teatral para os pequenos e pequenas da casa, onde a palabra e as bromas están presentes para levarnos á tradición oral galega.
Deste xeito e en colaboración co Concello, Sanxenxo mantén vivo o espírito do Nadal nos distintos puntos do municipio.

0
0
0
s2sdefault