Concello de Sanxenxo - A RECOLLIDA DE ROUPA SUSPÉNDESE TRAS CUBRIRSE AS NECESIDADES DOS INMIGRANTES ALOXADOS EN SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A medida acordouse tras un encontro entre a concelleira de Servizos Sociais, Paz Lago, e o responsable de Accem en Galicia, Daniel Bóveda

A marea solidaria de particulares e establecementos fixo que en menos dun mes déase por finalizada a campaña de recollida de roupa para os inmigrantes africanos aloxados en Sanxenxo. A concelleira de Servizos Sociais, Paz Lago, mantivo un encontro co responsable de Accem Galicia, Daniel Bóveda, no que se acordou deixar de recoller roupa na sede de Emerxencias de Sanxenxo tras estar xa cubertas as necesidades de abrigo e calzado.

A resposta á chamada de axuda foi "rápida e solidaria", sinala Lago que destaca o papel crave de "Cáritas Sanxenxo que se encargou dende o primeiro momento de organizar a roupa e calzado por tallas e de seleccionar as donacións. Sen eles sería todo máis complicado". En canto á chegada de axuda, cabe destacar as doazóns dos chalecos reflectores de Peycar, a roupa interior de Mercería Salgueiro, a recollida de roupa da ONG Nos seus Pés e a roupa do triatlon doada polo Concello de Pontevedra. En canto á loxística, agradecer á empresa Monbus que segue aínda colaborando nos desprazamentos polo municipio.

Nestes momentos, está previsto que permanezan 30 inmigrantes en Sanxenxo ata o 31 de decembro. Os que continúan seguen recibindo formación en español e de integración a través de Accem na Casa de Cultura de Dorrón. Tamén recibiron clases de primeiros auxilios e de seguridade viaria impartidas pola Policía Local de Sanxenxo e Emerxencias. Durante estas semanas, realizaron unha excursión para coñecer os distintos recunchos do municipio na que tamén estivo a concelleira de Servizos Sociais e os que quixeron participan en adestramentos de fútbol co Portonovo F.C.

0
0
0
s2sdefault