Concello de Sanxenxo - GONDAR CELEBRA SANTO TOMÉ E A VIRXE DA CARMEN CON CELEBRACIÓNS LITÚRXICAS, MÚSICA E UNHA SAN SILVESTRE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os festexos serán os días 21, 22 e 23 de decembro na contorna da capela

Gondar vivirá tres días de festa e actividades para celebrar Santo Tomé e a Virxe da Carmen. O xoves, 21, día de San Tomé, a xornada comezará con salva de bombas e alborada a cargo de Furruxa. Ás 13 horas, misa cantada polo coro parroquial. O venres, 22 de decembro, celebrarase a Virxe do Carmen, con salva de bombas e pasacalles pola mañá. Ás 13 horas misa cantada e ás 21 horas espectacular verbena e orquestra cos Satélites e o DJ JJ Compota.

Este ano e como novidade inclúese na programación unha San Silvestre solidaria o día 23 de decembro con dúas modalidades, unha carreira de 5 quilómetros e unha ruta de 2,5 quilómetros. Os interesados en participar poden inscribirse de forma gratuíta no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou de forma presencial o mesmo día, de 15 a 16 horas, na contorna da capela desde onde sairán ambas as probas. Os participantes deberán realizar un donativo que irá destinado á Asociación Bicos de Papel, colectivo de axuda a pacientes pediátricos oncolóxicos.

Cos dorsais porán participar nun sorteo que terá lugar na Aldea Do Nadal situada na Praza de Vilalonga tras finalizar ambas as probas. Os vestiarios do campo de San Pedro estarán abertos para que os participantes que, así o desexen, poidan ducharse.

0
0
0
s2sdefault