Concello de Sanxenxo - A CASA DE DON FERNANDO PREPÁRASE PARA ACOLLER ESTE DOMINGO A RECEPCIÓN DE PAPÁ NOEL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Dez elfos darán a benvida e guiarán ás familias pola aldea nevada

Xa falta pouco para a chegada de Papa Noel e os xardíns da Casa de Don Fernando en Portonovo engalánanse, un ano máis, para a recepción que terá lugar o vindeiro domingo, a partir das 18 horas. Como xa é tradición, Papá Noel sairá en cuatriciclo da piscina municipal dentro da Ciclocabalgata, prevista para as 16:30, organizada polo Club Corbelo. Percorrerán as rúas de Portonovo ataviados con traxes e gorros de Papa Noel para culminar en Porto Norte onde se realizará a recepción oficial.

A inscrición é gratuíta, pero os participantes deberán entregar un quilo de alimentos que será entregado ao Banco de Alimentos e deberán levar casco. O percorrido partirá desde a piscina e percorrerá Progreso, Rúa Madrid, Paseo de Silgar, Baltar, Portonovo e Casa Mariñeira de Don Fernando. Ao acabar celebrarase unha chocolatada.

Os participantes na ciclocabalgata formarán a comitiva que acompañe a Papa Noel ata Porto Norte. Dez elfos darán a benvida e guiarán ás familias pola aldea nevada ata a casa na que estará a esperar Papa Noel e onde permanecerá ata ás 19:30 horas escoitando as peticións dos máis pequenos.

Un ano máis, a transformación da contorna do exterior da Casa de Don Fernando sorprenderá a todo o que a visite. A decoración permanecerá ata o próximo 7 de xaneiro para que o que queira poida acudir a vela en horario de apertura do edificio municipal.

A programación do Nadal municipal traerá ademais este sábado o Nadal Foliadeiro de Abiñadoira á Praza de Pascual Veiga, a partir das 19 horas. Tamén a esa hora, pero en Portonovo, a Asociación Coral Polifónica Santa María Adina de Portonovo. O domingo, 24 de decembro, a Asociación Cultural Soalleira de Dorrón, a partir das 16 horas, levará as Panxoliñas co Apalpador a distintos puntos da parroquia.

0
0
0
s2sdefault