Concello de Sanxenxo - SANXENXO CONCLÚE A SEGUNDA FASE DA MELLORA DA ESTRUTURA DA CUBERTA DO PUNTO LIMPO MUNICIPAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A mellora está subvencionada polos fondos do Programa de economía circular e do Plan de impulso ao ambiente-PIMA residuos con 10.278 euros

Sanxenxo conclúe os traballos da segunda fase do proxecto de mellora da estrutura da cuberta do punto limpo municipal que consistiron no remate da restauración total cun acabado en poliuretano.

A mellora da cuberta ten como obxectivo protexer da choiva os residuos que non se deben mollar, debido ás súas características como son os RAEES e tamén para cubrir os colchóns xa que se están a choiva aumentaría considerablemente o peso e dificultaría o seu transporte. Tamén achega unha mellor imaxe das instalacións.

Ademais, realizouse unha sinalización completa das instalacións coa colocación dun cartel con horarios de apertura e residuos a depositar, carteis indicativos de cada zona de recepción de residuos e carteis nos colectores. Trátase de mellorar a imaxe do punto limpo e facer un servizo máis eficiente na recollida de residuos. A mellora está subvencionada polos fondos do Programa de economía circular e do Plan de impulso ao ambiente-PIMA residuos con 10.278 euros.

LOGOS PLIMPIO

0
0
0
s2sdefault