Concello de Sanxenxo - SANXENXO CONTRATARÁ O BALIZAMENTO DE TODAS AS SÚAS PRAIAS E O ADIANTO NOS AREAIS URBANOS A SEMANA SANTA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O contrato sairá a licitación por 312.422 euros e un período máximo de catro anos

Turismo de Sanxenxo sacará a licitación o balizamento por un importe de 312.422 euros, un período máximo de catro anos e importantes melloras no servizo. Sanxenxo contará, por primeira vez, con balizamento nas súas 21 praias e co adianto na súa colocación a Semana Santa nos areais de Panadeira, Silgar, Baltar, Caneliñas e Canelas. Esta decisión é unha aposta decidida pola seguridade e mellora dos servizos nos areais municipais. Agora contarán coa zona de baño delimitada: A Granxa, Pampaido, Area de Agra, Areas, Nanín, Carabuxeira, Panadeira, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Foxos, Nosa Señora da Lanzada, Areas Gordas, A Lapa e O Espiñeiro.

Ademais, o balizamento contará con iluminación led en Panadeira, Silgar, Canelas e Baltar. Ademais, inclúese a sinalización das canles de nado desde Silgar ata Caneliñas.

Outra das novidades será a inclusión no contrato da delimitación das canles de nado entre as praias de Silgar, Baltar e Caneliñas. Unhas aboias amarelas delimitarán o percorrido que empeza no extremo dereito da praia de Silgar bordeando Punta Vicaño polo mar ata chegar a Baltar. A lonxitude desta senda marítima é de 1.800 metros, mentres que o segundo itinerario é na praia de Caneliñas cunha extensión de 150 metros.

O adxudicatario levará a cabo, durante a duración do contrato, a limpeza, acondicionamento, reparación, reposición/adquisición, traslado, montaxe, desmonte, retirada, provisión, garda e custodia, do material necesario para o correcto balizamento das praias e canles de nado do termo municipal de Sanxenxo. O material que se vaia danando durante a duración do contrato deberá ser reposto polo adxudicatario e, unha vez, conclúa o período do servizo, todos os elementos do balizamento pasarán a ser de propiedade municipal.

0
0
0
s2sdefault