Concello de Sanxenxo - UN TOTAL DE 25 COMERCIOS E 31 VIVENDAS PARTICIPAN NO CONCURSO DE ILUMINACIÓN DO NADAL DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os premiados daranse a coñecer o próximo 7 de xaneiro, ás 12 horas, na Praza de Pascual Veiga

Un total de 25 comercios e 31 vivendas participan no primeiro concurso de iluminación do Nadal exterior "Deslumbra co teu Nadal" destinado a comercios e particulares. Co obxectivo de dinamizar a participación activa, crear un ambiente do Nadal e ilusionante e dar protagonismo activo aos veciños e veciñas de Sanxenxo, a Concellaría de Cultura, dirixida por Elena Torres, en colaboración con Entretendas, organizou este concurso que contou cunha importante resposta.

Os premiados daranse a coñecer o próximo 7 de xaneiro, ás 12 horas, na Praza Pascual Veiga. Establécense dúas categorías, locais comerciais (escaparates e fachadas) e vivendas (decoración exterior), entre as que se repartirán 3.250 euros nun total de seis premios. Os elementos decorativos deberán permanecer expostos desde o 1 de decembro ata o 6 de xaneiro, ambos inclusive. Todos os participantes xa enviaron fotos e vídeos dos seus escaparates, fachadas ou exterior das súas vivendas que se publicarán nas redes municipais para dalas a coñecer.

O xurado estará composto por cinco persoas e valorarase o deseño, a orixinalidade, a iluminación exterior e o coidado do medio ambiente, empregando materiais de reciclaxe ou materias primas naturais.

A concelleira de Cultura, Elena Torres, destaca a "orixinalidade das propostas e o traballo decorativo de cada unha delas". "O obxectivo era contaxiar e espertar entre os veciños e veciñas o espírito do Nadal e conseguiuse", asegura Torres.

0
0
0
s2sdefault