Concello de Sanxenxo - O SERVIZO DE EMERXENCIAS DE SANXENXO REALIZOU UN TOTAL DE 767 INTERVENCIÓNS DURANTE 2023
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O 15,5% das actuacións realizáronse fóra do termo municipal

Emerxencias de Sanxenxo realizou un total de 767 intervencións en 2023. Do total, 648 foron en Sanxenxo onde se atopa a súa base, 51 en Poio, 38 en Meaño e 16 no Grove. Tamén prestaron servizo en Barro (1), Cambados (1), Catoira (1) Marín (3), Meis (3), Ribadumia (1), Portas (1) e Vilagarcía (1). O rexistro de actividade distribúe as actuacións segundo tipoloxía: Riscos, rescates, incendios, colaboración, accidentes de tráfico e outros, onde se inclúe a retirada de niños de avispa velutina, simulacros e retiradas de animais.

Un ano máis, a prevención centrou boa parte do traballo do servizo. Os efectivos de Emerxencias realizaron un total de 268 intervencións. Por retiradas de postes, cables, ramas e elementos estruturais (178), limpeza de vía (36), escapes de gas (9), movemento de colectores ou mobiliario (7) e inundacións (38). Tamén interviñeron en 93 rescates dos que 32 foron en contorna urbana, 1 en contorna natural, 13 de animais e 11 marítimos.
As actuacións por niños de avispa velutina foron 21, por animais, 32 e preventivas, 23.

Ata 128 incendios de distinto tipo obrigaron a intervir ao servizo. En vehículos (9), urbanos (39), mobiliario urbano (24), forestal con vivenda (13) e eléctrico (12), entre os máis destacados. En canto a accidentes de tráfico, Emerxencias realizou 105 intervencións. Dos que en 8 rexistráronse atrapados, 9 foron atropelos, en 45 había feridos, en 15 non había feridos e 28 limitáronse a limpeza de vía.

Por días da semana, o balance revela un maior número de incidencias os fins de semana, especialmente o domingo (133) seguido do venres (125) e do sábado (108).

0
0
0
s2sdefault