Concello de Sanxenxo - ACUAES INICIA A PROVISIÓN DE MATERIAL DO EMISARIO DE MONTALVO E A MONTAXE DOS LASTRES PARA A TUBAXE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As obras deron comezo na Granxa e na depuradora de Paxariñas con rozas e demolicións

Os traballos que marcarán un antes e un despois na mellora do saneamento e depuración de Sanxenxo e na Ría de Pontevedra avanzan. A empresa adxudicataria do novo emisario submarino en Montalvo xa cortou o paso ao tráfico rodado no acceso á tixola coa provisión de material e o espazo para a montaxe "in situ" dos lastres de formigón que servirán para manter a tubaxe baixo o fondo mariño. O novo emisario contará con 1.300 metros de lonxitude e 630 milímetros de diámetro, que substituirá ao conduto existente. Tamén se atopan traballando noutros dous puntos incluídos nesta primeira fase das obras: Na nova estación de bombeo e impulsión da Granxa e na depuradora de Paxariñas.

A actuación foi declarada de interese xeral na Lei de Orzamentos Xerais do Estado e ten como obxectivo resolver as deficiencias de funcionamento e de capacidade da actual depuradora e mellorar o saneamento da Ría de Pontevedra. O proxecto contempla a ampliación da estación depuradora coa incorporación dun novo pretratamento con catro liñas de tamizado e desarenado-desengrasado, un tratamento biolóxico e decantación secundaria con catro liñas e un sistema de desinfección da auga tratada mediante ultravioleta, ademais dunha nova liña de lodos mediante espesamiento e deshidratación.

Ademais, construirase unha nova estación de bombeo e impulsión en Areas, e procederase á remodelación das de Sanxenxo e Espiñeiro. Tamén se ampliarán diferentes tramos da rede de colectores e impulsións que permitirán conectar estes bombeos coa nova estación depuradora. En Sanxenxo, procederase á remodelación do colector da Avenida de Madrid nunha segunda fase.

As obras teñen un custo de 24 millóns de euros (sen IVE), cofinanciados nun 50% con fondos europeos e un 50% polos concellos de Sanxenxo e Poio ao longo de vinte anos. No caso de Sanxenxo, pagará a súa parte co canon que a actual concesionaria Espiña e Delfín debe pagar anualmente e que ascende a 800.000 euros, moi superior á cota que debe achegar ao ano o municipio polas obras de Acuaes.

0
0
0
s2sdefault