Concello de Sanxenxo - ARRA CELEBRARÁ SAN AMARO E SAN MARZAL CUN AMPLO CARTEL MUSICAL E O SORTEO DE 500 EUROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Poxa de Ofrendas será o martes 16 tras a misa e a procesión

Arra celebrará os próximos días 15 e 16 de xaneiro a súa festa en honra a San Amaro e San Marzal. A concelleira de Cultura e Eventos, Elena Torres, acompañada de membros da Asociación Cultural San Cayetano de Arra presentaron esta mañá o cartel no campo de festas que cumpre 25 anos desde a súa inauguración.

O luns 15, pola mañá, unha salva de bombas anunciará o inicio dos festexos en honra a San Amaro. A continuación, comezará a alborada a cargo do grupo de gaitas Os do Barro. Ás 11 horas oficiarase unha misa en honra ao patrón e ás 13 horas terá lugar a misa cantada con procesión. Pola noite celebrarase a verbena coas orquestras Os Satélites e París de Noia. Durante a verbena sortearanse 200 euros.

A xornada en honra a San Marzal será o martes 16 e dará inicio coa alborada do grupo Os do Barro. Ás 13 horas os presentes poderán participar na misa seguida de procesión. Finalizados os actos litúrxicos, celebrarase a tradicional Poxa de Ofrendas.

Ás 21.00 horas dará inicio a verbena con orquestras Fuego e Finisterre. Durante a verbena sortearanse 300 euros. Unha gran tirada de bombas de palenque anunciará o fin das festas.

O campo da festa contará cunha carpa e calefacción para que os asistentes atópense a gusto e gocen da festa. Ademais, o parking será gratuíto. O Concello de Sanxenxo colabora na organización da cita que organiza o colectivo de Arra como co resto das festas das parroquias.

0
0
0
s2sdefault