Concello de Sanxenxo - SANXENXO REPARTIRÁ 13.265 EUROS NOS DESFILES DE ADULTOS E INFANTIL NO ENTROIDO 2024
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os máis pequenos percorrerán as rúas o 11 de febreiro e os maiores farano o próximo día 25

Apenas unha semana despois de que se puxo fin á programación do Nadal, a Concellaría de Cultura e Eventos dirixida por Elena Torres xa está inmersa nos preparativos do Entroido. Nesta edición incrementarase a contía dos premios até os 13.265 euros. O Desfile Infantil celebrarase o 11 de febreiro, ás 12 horas, con catro categorías e o Desfile de Adultos terá lugar o 25 de febreiro ás 16:30 horas.

A Concellaría de Cultura dará a coñecer proximamente as bases do concurso e o método de inscrición co obxectivo de que un ano máis se logre un éxito de participación. "Incrementamos as contías para facer aínda máis atractivos os nosos desfiles e animar á xente a participar", explica Elena Torres.

Desfile infantil

Categoría individual
1º 120 €
2º 90 €
3º 60 €
4º 40 €
5º 30 €

Categoría parella
1º 150 €
2º 100 €
3º 80 €
4º 60 €
5º 40 €

Categoría grupo de 3 a 10 compoñentes
1º 200 €
2º 150 €
3º 120 €
Categoría grupo de máis de 10 compoñentes
1º 500 €
2º 300 €
3º 200 €

Desfile adultos

Categoría individual
1º 200 €
2º 150 €
3º 100 €

Categoría parella
1º 300 €
2º 200 €
3º 150 €

Categoría grupo de até 8 compoñentes
1º 500 €
2º 350 €
3º 225 €

Categoría grupo de 9 a 20 compoñentes
1º 800 €
2º 400 €
3º 300 €

Categoría fantasía de máis de 20 compoñentes
1º 1.700 €
2º 900 €
3º 600 €

Categoría grupo de máis de 20 compoñentes
1º 2.200 €
2º 1.200 €
3º 750 €

0
0
0
s2sdefault