Concello de Sanxenxo - ESPINA E DELFÍN ACTÚA PARA A MELLORA DO SANEAMENTO E ABASTECEMENTO EN ALTAMIRA E POLEIROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os traballos están incluídos dentro do novo contrato da auga asinado en 2023

A mellora do saneamento e abastecemento xa están en marcha en Altamira e Poleiros nas parroquias de Vilalonga e Adina. A empresa concesionaria da auga Espina e Delfín iniciou estes días os traballos incluídos dentro da listaxe de obras a executar no novo contrato da auga. Nos próximos días, comezarán tamén os traballos en Xuncablanca. En concreto, vanse a facer 81 actuacións repartidas polas sete parroquias que van permitir a modernización e universalización do servizo de abastecemento e saneamento.

O contrato contempla a ampliación da rede de saneamento e auga, con 59 actuacións para dotar destes servizos ás 726 vivendas do rural que carecen de saneamento ou auga; unha segunda que contempla a renovación da rede principal existente con 14 actuacións para substituír tramos vellos e ampliar a capacidade das tubaxes; e unha terceira, con novas infraestruturas de abastecemento de auga con sete actuacións entre as que destaca a construción dun novo depósito de auga.

A prioritaria é a fase de ampliación da rede de saneamento e auga do rural, por iso o calendario contempla 59 actuacións no primeiro ano. Na primeira fase actuarase en Noalla (Tombelo, Pontes, Quintáns, Aios costeira), Vilalonga (Iglesario e Iglesario Lomba), Adina (Rial e Punta Montalvo), Dorrón (Barreiro, Rexenxo e praia de Agra), Nantes (Cancela, Pedroño, Pazos e Casal), Bordóns (Chandevila e Sear) e Padriñán (Palacios e Laxe).

Estas actuacións, xunto ás previstas no convenio con Acuaes, mellorarán a depuradora e os bombeos de augas residuais, e converterán a Sanxenxo nun referente no tratamento e depuración das súas augas.

0
0
0
s2sdefault