Concello de Sanxenxo - O PARKING PÚBLICO NAUTA SANXENXO PECHA 2023 CUNHA NOVA MARCA DE RECADACIÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O aparcadoiro situado no porto facturou 637.688 euros durante o pasado ano, a cifra máis alta desde a súa apertura

O parking público Nauta Sanxenxo pecha 2023 cunha nova marca de recadación, 637.688 euros, a cifra máis alta desde a súa apertura. Os meses de maior facturación coincide cos meses de agosto (186.285 €), xullo (135.326 €), setembro (60.436 €) e xuño (53.648 €).

Estes bos datos económicos conséguense mesmo coas dúas horas de estancia gratuítas que o parking Nauta mantén actualmente e desde o ano 2020 para os empadroados no municipio, co obxectivo de facilitar as súas xestións e compras no centro da localidade. A este sistema atópanse xa abonados máis de 3.600 veciños e veciñas.

As instalacións dispoñen dun total de 584 prazas repartidas na planta pública interior (206), a exterior (200) e o parking privado (178). Durante o pasado mes de decembro facturaron 22.083 euros e mantivo un total de tránsitos de 9.110 vehículos e unha estancia media de 48 minutos. Os días de maior facturación foron o día 3, 1.601€; o día 17, 1.635€ e o 31, 1.260 €.

O parking de Nauta Sanxenxo conseguiu estes resultados, a pesar de que se manteñen varios aparcadoiros disuasorios no municipio: Dous en Rúa Progreso, un con capacidade para 72 vehículos na confluencia con Cesteiros, e outro, á altura da nova rotonda, para 240 coches; a bolsa de aparcadoiro de detrás da igrexa do Templo Novo con 153 prazas; outro en Constitución con 20 prazas e o que se atopa nunha parcela do Tombo na que poden estacionar ata 240 vehículos.

0
0
0
s2sdefault