Concello de Sanxenxo - SANXENXO PECHA 2023 ROZANDO OS 18.000 HABITANTES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas


Segundo os datos do informe BIG DATA a poboación real de Sanxenxo nunca baixa dos 20.000 habitantes


Segundo o padrón municipal o 31 de decembro Sanxenxo tiña 17.974 veciños empadroados. Ao longo de 2023 chegouse a superar a cifra dos 18.000 habitantes que nas últimas semanas do ano volveu caer. A poboación de Sanxenxo creceu case 2.000 veciños no que levamos de século, xa que no ano 2000 había 16.025 habitantes. Se botamos a vista moito máis atrás, hai 100 anos, a poboación era a metade da actual, 8.578 veciños.


En calquera municipio, pero especialmente nun destino turístico, hai que distinguir entre a poboación de dereito, é dicir os empadroados, e un concepto máis amplo que é a poboación real que pasa a noite habitualmente. Hai xa anos que sabemos polos médicos dos centros de saúde que miles de propietarios de segundas residencias xubilados ou teletraballadores pasan os outonos e invernos en Sanxenxo, motivados pola suavidade do clima en comparación cos seus lugares de procedencia.


Agora temos unha ferramenta, o informe BIG DATA da Mancomunidade do Salnés, que nos permite saber con exactitude cantas destas persoas, a maiores dos empadroados, pasan a noite en Sanxenxo polo menos 15 noites seguidas de cada mes. É evidente que estas persoas son propietarios de segundas residencias porque ninguén utiliza hoteis ou outras hospedaxes durante períodos tan longos e menos na tempada baixa.
Segundo o informe BIG DATA en xaneiro 2023 pasaron a noite, polo menos 15 noites seguidas, 1.828 persoas, en febreiro 3.591, e en decembro 5.827. En definitiva, podemos concluír que a poboación real de Sanxenxo nos meses coa actividade turística máis baixa oscila entre dous mil e cinco mil persoas máis que os veciños empadroados.

0
0
0
s2sdefault