Concello de Sanxenxo - SANXENXO APOSTA POLA SÚA CONSOLIDACIÓN TURÍSTICA EN TEMPADA BAIXA E MOSTRA AS SÚAS BAZAS EN FITUR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas


A primeira tenente alcalde, María Deza, e o concelleiro de Turismo, Juan Deza, mantiveron varios encontros de traballo na xornada inaugural

Continuar crecendo en tempada baixa como destino turístico , este é o obxectivo co que Sanxenxo acode á Feira Internacional de Turismo. Por cuarto ano consecutivo, dada a súa importancia turística a nivel galego e nacional, Sanxenxo conta cun mostrador propio dentro do stand de Turismo de Galicia desde onde se reparte o material promocional do destino e dáse a coñecer as bazas que fai que o municipio sexa atractivo para o visitante durante os 365 días do ano.

A primeira tenente alcalde de Sanxenxo, María Deza, xunto ao concelleiro de Turismo, Juan Deza, mantiveron unha intensa mañá de traballo na xornada inaugural con distintas reunións e a asistencia á presentación do stand de "Galicia é auga, Galicia é futuro" e "100% Rías Baixas" da Deputación de Pontevedra.

A fotografía da praia de Canelas na que se aprecia o areal no seu estado natural e a beleza da Ría de Pontevedra é a imaxe que preside a caseta de Sanxenxo nesta edición desde onde se entrega aos público folletos promocionais do destino sobre praias, patrimonio, paisaxes e náutica, xunto ao novo mapa turístico plegable do municipio co código QR á web turistica de sanxenxo.

Á entrada do pavillón, dous tótems servirán de escaparate para mostrar a variada oferta de Sanxenxo.Baixo o slogan "Sanxenxo 365 días diferentes". Cada día, cada fin de semana, cada estación é diferente en Sanxenxo, o municipio líder do norte de España durante o verán mostrará a súa variada oferta a través de oito imaxes.

Nelas pódese ver a ruta de sendeirismo de Dorrón que evoca a paisaxe verde, unha parella de flamencos na lagoa de Rouxique en Vilalonga como potencia do turismo ornitolóxico; dous pescadores entre Punta Corveiro e Punta Faxilda mostrando as posibilidades deportivas e paisaxísticas; aparellos no porto de Portonovo que reflicten a riqueza gastronómica e a actividade pesqueira; a regata do campionato de Europa da Clase 6 Metros como símbolo dos deportes náuticos; unha muller gozando dun spa que evoca o turismo de saúde e benestar, vistas do Paseo de Silgar iluminado como referente comercial e a capela da Lanzada, icona do patrimonio de Sanxenxo.

As imaxes dos tótems e da caseta foron cedidas pola Asociación Ollares de Portonovo e o Real Club Náutico de Sanxenxo que souberon captar a beleza do territorio e as posibilidades turísticas.

0
0
0
s2sdefault