Concello de Sanxenxo - O CLUB DE BALONMÁN CANGAS ENFRÓNTASE O SÁBADO AO ABC BRAGA NUN PARTIDO DE EXHIBICIÓN NO PAVILLÓN DE BALTAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O club local Sanxenxo Balonmán presentará aos seus xogadores no descanso do partido. A partir das 16:30 haberá un partido de prebenxamíns.

Sanxenxo vivirá o vindeiro sábado unha xornada dedicada ao balonmán no recentemente estreado pavillón de Baltar que contará como acto central co partido que enfrontará ao Club Balonmán Cangas contra o equipo portugués ABC Braga. O concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, presentou onte a cita acompañado do responsable de comunicación de Club Balonmán Cangas, xogadores e o responsable do Sanxenxo Balonmán, Wallace Moreira. "É unha oportunidade para poder gozar dun partido de balonmán de calidade con dous equipos importantes. Convido a todos os veciños e veciñas a que se animen a vir e gozar da xornada na que tamén exporá o seu xogo o noso club local", asegurou Guisasola.

O Club de Balonmán Cangas que está na liga Asobal enfrontarase nunha competición amigable e de exhibición de xogo ao ABC Braga que xoga en competición europea e está a loitar polo playoff do título de Portugal. O partido será ás 18 horas e a entrada é libre ata completar aforamento. Camiña agradeceu a dispoñibilidade das instalacións por parte do Concello de Sanxenxo e asegurou que se gozará dun "gran partido de balonmán" que servirá ao seu equipo como preparación para a volta á liga Asobal.

O club local Sanxenxo Balonmán presentará aos seus equipos no descanso do partido. Desde as 16:30 celebrarase un partido de prebenxamíns do club local e do cangués para realizar unha demostración das canteiras de ambos os equipos.
"Animo a todos os nenos a vir ver o partido e a gozar da festa do balonmán", asegurou Mario Dorado, xogador do Club de Balonmán Cangas.

0
0
0
s2sdefault