Concello de Sanxenxo - SANXENXO REFORZA A SÚA TEMPADA BAIXA COA CELEBRACIÓN DO CAMPIONATO DE EUROPA DE VELA DE 6 METROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A cita deportiva celebrarase entre o 27 de setembro e o 5 de outubro co municipio como porto base desde marzo a novembro

Sanxenxo volverá converterse este outono no epicentro do deporte da vela coa celebración do Campionato de Europa de Vela da Clase 6 Metros. O Real Club Náutico volverá mostrar a súa capacidade organizativa en grandes eventos deportivos entre o 27 de setembro e o 5 de outubro. Unhas datas na que se espera que recalen en Sanxenxo un total de 40 equipos representando a países como Suíza, Finlandia, Francia, España, EE.UU., Reino Unido, Alemaña, Canadá, Suecia, Portugal, Italia e Rumania. Isto supón a chegada de máis de 200 regatistas, cifra que sobe ata 500 persoas contando ao equipo de terra, servizo de neumáticas e familiares en plena tempada baixa.

A estancia media de participantes e equipos de terra calcúlase de dúas semanas en aloxamentos do municipio, segundo datos de anteriores probas. Isto é só en referencia ao Campionato de Europa dos 6 Metros, pero ao redor deste campionato organízanse outras competicións como a liga Española, o Campionato de España ou a Regata Rei Juan Carlos / O Corte Inglés Master que fai que se estea competindo ao longo de todo o ano desde marzo a novembro, ambos inclusive.

A auditoría económica encargada desde o Real Club Náutico cifra o retorno económico directo dos dous anteriores campionatos europeo e de España en 2.500.000 ou euros aos que habería que engadir, segundo o propio estudo, o valor do retorno mediático fóra de España, máis de 200 embaixadores de Sanxenxo en países como Inglaterra, Alemaña, Suíza, Suecia ou Finlandia, así como as oportunidades que xurdan durante a estancia.

As excepcionais condicións da Ría de Pontevedra que permiten navegar case todo o ano facilitan este amplo programa deportivo. A experiencia acreditada do Real Club Náutico e o Concello de Sanxenxo desde xa a Volvo Ocean Race e os posteriores campionatos fixeron que, tras a renuncia de Francia, Sanxenxo fose elixido pola maioría da frota mundial e os dirixentes da máxima autoridade da clase, o ISMA (Asociación Internacional do Seis Metros).

0
0
0
s2sdefault