Concello de Sanxenxo - SANXENXO CONVOCA O CONCURSO DE DEBUXO "A MASCOTA DA AUGA" ENTRE OS ESCOLARES DO MUNICIPIO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A imaxe utilizarase nas campañas de coidado do medio ambiente e que fomenten o consumo responsable da auga

Sanxenxo suma unha nova iniciativa ás campañas de divulgación e concienciación do coidado do medio ambiente. As Concellarías de Educación e de Medio Ambiente da man da concesionaria da auga Espina & Delfín diríxese nesta ocasión ao alumnado de Primaria dos colexios do municipio (CEIP A Florida, CEIP Portonovo, CEIP Nantes, CEIP Magaláns, CEIP Cruceiro, CEIP Telleiro e Colexio Abrente) cun concurso de debuxo para deseñar unha personaxe, "A Mascota da auga". A imaxe gañadora será utilizada en todas as campañas de sensibilización sobre o consumo responsable da auga e o coidado do medio ambiente de Sanxenxo. "Dirixímonos ás nenas e nenos do futuro aos que buscamos inculcar o coidado e a protección do medio ambiente. Ademáis, cremos que son a mellor maneira de trasladar a mensaxe grazas a colaboración dos colexios e as familias" asegura Nati Parada, edil de Educación.

O prazo de presentación finalizará o próximo 29 de febreiro. Respecto da forma de presentación, cada participante entregará un debuxo co formato DIN-A4. No reverso do folio indicarase o nome completo do participante, o curso e o nome do colexio no que estuda. Cada centro reunirá as súas propostas nun sobre que se entregará no departamento de Educación ou solicitará polo correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. que persoal municipal vaia a recollelos.

Entre todos os debuxos recibidos, o xurado composto por técnicos municipais e persoal de Espina & Delfín, escollerá o gañador que se dará a coñecer o 22 de marzo coincidindo co Día Mundial da auga. O debuxo seleccionado para ser a mascota da auga recibirá un vale de 100 euros e o colexio onde se atope o alumno ou alumna gañadora recibirá unha charla ou taller sobre o ciclo integral da auga. Ademais, haberá un premio para o colexio con maior porcentaxe de participación en función da súa matrícula de 150 euros. Os vales poderán canxearse nos establecementos comerciais de Sanxenxo adheridos a CCU Entretendas.

O ensino primario é unha etapa crave no desenvolvemento da conduta, a conciencia social e a solidariedade. De aí a importancia de espertar o interese dos escolares polo coidado e a protección do medio ambiente durante esta etapa. A educación ambiental para nenos pretende que estes fagan do coidado da natureza un estilo de vida, en lugar de limitarse a estudala. Esta disciplina busca que os menores desenvolvan un pensamento ecolóxico firme e potente, e utilíceno para enfrontarse aos actuais retos ambientais desde a participación e o compromiso.

0
0
0
s2sdefault