Concello de Sanxenxo - A PREVISIÓN DE CHOIVA OBRIGA A APRAZAR Á MAÑÁ DO DÍA 25 O DESFILE INFANTIL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os Obradoiros de Entroido comezan este luns na Casa de Cultura de Adina para nenos e nenas de entre 3 a 12 anos

A previsión de choiva para este domingo obriga a aprazar o Desfile Infantil para a mañá do próximo 25 de febreiro ás 12 horas. A programación arrinca o vindeiro luns cos Obradoiros de Entroido para nenos de entre 3 e 12 anos na Casa de Cultura de Adina con posibilidade de servizo de fiambrera para facilitar a conciliación a laboral e familiar durante este tres días de vacacións escolares. Pola tarde, celebrarase o Luns Choqueiro, unha mostra do Entroido en Galicia, na Praza de Pascual Veiga coa colaboración da Asociación Cultural Abiñadoira.

O martes 13, a diversión trasládase ao campo de festas de Arra con xogos, inchables, concurso, sorteos e música en directo a partir das 15:30 horas. Non faltará nin o churrasco nin o chocolate con churros. Ademais, sortearase unha viaxe para catro acodes ao parque Warner de Madrid e unha estancia nun hotel de catro estrelas con almorzo incluído. Unha actividade organizada pola Asociación Cultural San Cayetano de Arra en colaboración co Concello.

O mércores 14, terá lugar o Enterro da Sardiña en Portonovo. A partir das 20 horas o cortexo fúnebre percorrerá as principais rúas até o recinto portuario onde o peixe será incinerado.
Vilalonga celebrará o Enterro da Cabra, a partir das 20:30 horas, o vindeiro venres. A saída realizarase desde a Praza Pública e percorrerá os distintos lugares da parroquia. A actividade está organizada polo colectivo veciñal "Os Cabritos"

O sábado 17 levará a cabo en Portonovo a tradicional da Festa do Jato con actividades ao longo do día. A partir das 12:30 horas celebrarase a carreira popular do ¨Jato tras do rato", degustar na Rúa dos Viños de churrasco gozar da batucada Os Queimatasas e, a partir das 16 horas, participar no Concurso de Disfraces Jatunos en categoría infantil, junior e adulto. Ás 17 horas tamén haberá animación infantil. Ademais, o CIM estreará nesta cita o Punto Violeta que se colocará preto da lonxa con persoal especializado para atender, informar e axudar a vítimas de calquera tipo de agresión sexista. A artista convidada á Festa do Jato será Raquel Atanes do programa "Quen anda aí" da TVG. Ás 20:30 horas, celebrarase o Enterro do Corvo mariño, no Centro Social e Cultural As Canteiras de Noalla.

O sábado 24, ás 18 horas, terá lugar no porto de Portonovo o Baile de Entroido 3ª Idade, e ás 21 horas comezará o tradicional Espectáculo de Parodias dirixido por Silvia Dorrón.

O Desfile e Concurso de Disfraces de Adultos, a partir dás 16:30 horas, porá o broche de ouro á programación. Os interesados poderán inscribirse no 986 727 936 ou o mesmo día no Club de Xubilados de Sanxenxo. Pola mañá, a partir das 12 horas, celebrarase o Desfile Infantil. En ambos, a Concellería de Cultura repartirá 13.265 euros.

0
0
0
s2sdefault