Concello de Sanxenxo - SANXENXO ORGANIZA UN CURSO GRATUÍTO DE DE AUTODEFENSA PARA MULLERES ANTE SITUACIÓNS VIOLENTAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Concellería de Servizos Sociais, a través do Centro de Información á Muller (CIM) e en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta, organiza un curso de autodefensa persoal destinado a mulleres maiores de idade no marco das diferentes accións pola conmemoración de 8 de marzo, Día da Muller. Terá lugar no ximnasio do CEIP Portonovo e require inscrición previa, preferentemente por vía electrónica na seguinte ligazón https://bit.ly/AutodefensaPersoal ou nas propias oficinas do CIM.

A actividade está prevista para o vindeiro luns, 19, e o mércores, 21, de 16 a 19 horas. As prazas dispoñibles son 25, gratuítas, e iranse cubrindo por orde de inscrición. Este curso enmárcase no marco de colaboración da Xunta coa Federación Galega de Loita (Fegaloita) co obxectivo de formar a mulleres en defensa persoal e autocapacidades para a prevención de situacións de violencia machista. Os profesionais que imparten o curso están cualificados e contan con experiencia en técnicas de intervención en violencia de xénero.

0
0
0
s2sdefault