Concello de Sanxenxo - SANXENXO ENCARGA UN ESTUDO PARA RECOLOCAR A AREA DE SILGAR E RECUPERAR A CANLE NATURAL DO RÍO EN AREAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Praias, Juan Deza, visitaron esta mañá ambos os areais

Os fortes temporais do inverno tiveron epecial efecto sobre dous areais do municipio, Areas e Silgar. O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Praias, Juan Deza, acompañados de técnicos, visitaron esta mañá ambas as praias onde se proxectan traballos para recuperar os seus perfís naturais.

En Silgar, a actuación centrarase na recolocación de entre 14.000 e 16.000 metros cúbicos de árido acumulado no centro da praia, deixando desprotexidos os extremos, especialmente na parte alta á altura da Madama de Silgar. A area cobre nalgunhas zonas ata máis dun metro en altura dos accesos. Os traballos poderían alcanzar os vinte días e obrigaría a pechar o acceso á praia xa que se trasladará ao momento maquinaria pesada que se encargará de mover a area e distribuíla de forma homoxénea,

Na praia de Areas, os fortes temporais arrastraron restos de canas e maleza á canle do río taponando a súa desembocadura natural e provocando unha saída pola parte alta da praia afectando o espazo dunar. Os traballos centraranse en reconstruír o dique, que se atopa xusto na ponte de acceso á praia, e na limpeza do río para que el mesmo retome de forma natural a súa canle polo extremo do areal como estaba o verán pasado. Tamén se recolocará a area movida polos fortes temporais.

O obxectivo é, tras tramitar os permisos ante a demarcación provincial de Costas, iniciar na praia de Silgar a principios de maio, unha vez que conclúan os temporais, antes de que dea comezo a tempada estival.

Doutra banda, o Concello ultima os pregos para licitar o acondicionamento do resto dos areais como cada ano para pór a punto todas as praias do municipio. No que se refire ás actuacións de mantemento inclúense reparacións, reposicións e pintados de varandas de protección, así como lavado de valados, escaleiras ou ramplas. Tamén reposición de elementos rotos ou deteriorados nos módulos de aseos e casetas de socorrismo.

0
0
0
s2sdefault