Concello de Sanxenxo - INSULA SANXENXO LICITA A PRIMEIRA NAVE DE SERVIZOS NO PARQUE EMPRESARIAL CON PANEIS SOLARES E CARGADORES PARA COCHES ELÉCTRICOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A edificación situarase nunha parcela municipal de 8.343 m2 e constitúe a primeira fase do complexo de servizos municipais

A empresa municipal de vivenda e solo, Insua Sanxenxo, licitou esta mañá a primeira fase do complexo de servizos municipais no parque empresarial na que se inclúe a primeira nave almacén que se destinará para equipamento de praias, iluminación pública, maquinaria de parques e xardíns... O edificio que terá unha superficie de 3.800 m2 sae a concurso por 2,6 millóns de euros (IVE incluído) e un prazo de execución de 12 meses. A construción desta nave permitirá ao Concello de Sanxenxo o aforro de 40.000 euros ao ano polo actual aluguer do almacén.

A parcela municipal na que se levantará a nave ten unha superficie de 8.343 metros cadrados. O almacén incluirá no soto un aparcadoiro para 16 vehículos municipais e tres puntos con cargadores eléctricos. Tamén contará con paneis solares que suporán un importante aforro na factura da enerxía eléctrica. O obxectivo é construír un edificio sustentable e ecoeficiente cun aseo, dous vestiarios, unhas taquillas e dous accesos. O exterior disporá dun aparcadoiro e un xardín.

A nave sustentarase mediante piares de formigón prefabricado sobre os que apoiarán cerchas a dúas augas prefabricadas. A cuberta da nave proxéctase de estrutura prefabricada como soporte da cobertura de paneis sándwich. O illamento será de panel sándwich.

As fachadas da nave resólvense mediante paneis de formigón armado prefabricados, dispostos a modo de zócalo e cerramento, a partir de determinada altura e seguindo o deseño da fachada de incorpora unha coroación transventilada composta por unha combinación paneis metálicos texturizados e paneis con elementos translúcidos de policarbonato celular e illamento intermedio. Complementarase o cerramento con celosías e parasois en determinados paramentos, aos efectos de minimizar a exposición de estancias habitables.

Os chans en contacto co terreo proxéctanse mediante soleira de formigón con espesor acorde á carga e tipo de tráfico que soporte. Disporase sobre capa de grava con protección de lámina de polietileno de alta densidade. O acabado resólvese con formigón puído, con gres antiescorregadizo para os cuartos húmidos. Na carpintaría exterior da nave, de aluminio anodizado, proxéctase a instalación de portais de acceso por fachadas, de tipo corredera e/ou seccionales elevables.

0
0
0
s2sdefault